
DÉPOR · 18 SETEMBRO 2026
LUCAS NOUBI XOGARÁ CON BÉLXICA 3 PARTIDOS CLASIFICATORIOS PARA O CAMPIONATO DE EUROPA SUB-21
Lucas Dominique Noubi Ngnokam (Mouscron, Bélxica, 15 de xaneiro de 2005), coñecido futbolisticamente como Lucas Noubi, foi convocado pola selección belga sub-21 para 3 partidos nesta xanela de seleccións clasificatorios para o Campionato de Europa.O defensa deportivista incorporarase á concentración o luns 21 de setembro.Os rivais de Bélxica serán Bielorrusia, Gales e Dinamarca.Con 5 partidos disputados, os belgas encabezan o grupo I con 10 puntos, froito de 3 vitorias, 1 empate e 1 derrota.O calendario de Lucas Noubi é o seguinte:Xoves 24 de setembro20:00: BÉLXICA - BIELORRUSIA, no het Kuipje (Westerlo)Martes 29 de setembro20:00: BÉLXICA - GALES, no het Kuipje (Westerlo)Martes 6 de outubro18:30: DINAMARCA - BÉLXICA, no Vejle Stadion (Vejle)Lucas Noubi únese así ás convocatorias xa confirmadas de Bil con Camerún e José María Giménez con Uruguai.

As Nosas retoman os adestramentos tras a xesta ante o Barça e...

David Mella disputa a segunda metade do Albania-España sub-21...

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...

A RC Deportivo Fundación participa en Brescia nunha reunión d...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...