
DÉPOR FABRIL · 18 SETEMBRO 2026
MANUEL PABLO: "ESTA CATEGORÍA, AÍNDA QUE LLE GAÑÁSEMOS Á SD PONFERRADINA, VAINOS ESIXIR CADA FIN DE SEMANA"
Manuel Pablo espera que a primeira vitoria en Primera Federación lograda o pasado domingo ante a SD Ponferradina en ABANCA-RIAZOR "nos axude de forma positiva. E non crernos máis do que somos. Esta categoría, aínda que lle gañásemos á SD Ponferradina, vainos esixir cada fin de semana".Subliña que "están gañando moitos equipos, hai moita igualdade. Loxicamente, esa vitoria axúdanos a non entrar nesas situacións de temor. O equipo estaba facendo ben as cousas, pero sempre é bo acompañalo con resultados".Do Athletic Club B, rival este domingo 20 de setembro ás 12:00 (Fan Play TV) en Lezama, o técnico fabrilista recalca que "está facendo moi ben as cousas, quere moito balón, con moi bos futbolistas en todas as liñas. Non son de buscar tanto duelo, tanto fútbol directo, senón de intentar buscar sempre superioridades a través do balón".Conclúe Manuel Pablo que "gustounos moito como xogan, con bos xogadores coma nós. A intentar cada un impoñer a súa idea e estar por riba do outro".

Marisa e Ainoa Gómez, que «están a facer un moi bo papel», en...

Bright Ede, convocado por Polonia sub-21 para dous partidos a...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B - Rea...

Lucas Noubi xogará con Bélxica 3 partidos clasificatorios par...

Alberto Rodríguez: As xogadoras están poñendo todo da súa par...

El Fabril enfróntase ao CD Lugo no Estadio Anxo Carro o sábad...