RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Marisa e Ainoa Gómez, que «están a facer un moi bo papel», enfróntanse este sábado 19 ao Brasil nos cuartos de final do Mundial

DÉPOR ABANCA · 18 SETEMBRO 2026

MARISA E AINOA GÓMEZ, QUE «ESTÁN A FACER UN MOI BO PAPEL», ENFRÓNTANSE ESTE SÁBADO 19 AO BRASIL NOS CUARTOS DE FINAL DO MUNDIAL

Foto: RFEF.esA selección española sub-20 das deportivistas Marisa e Ainoa Gómez enfróntase este sábado 19 de setembro a Brasil nos cuartos de final do Mundial.O encontro arrincará ás 18:20 no Arena Sosnowiec.Nos oitavos de final, España superou por 2-0 a Portugal cun gol de Marisa, o seu 4º no torneo, e coa titularidade tanto dela como de Ainoa Gómez.Pola súa banda, Brasil empatou cos Estados Unidos (1-1), pero selou o seu pase na quenda de penaltis: 5-4.Na fase de grupos, as brasileiras proclamáronse campioas do grupo B con 9 puntos de 9 posibles, logrados con triunfos ante Inglaterra, Canadá e Tanzania.Marisa e Ainoa Gómez participaron nos 3 encontros de España na Primeira Fase. Foron titulares ante Nixeria e Nueva Caledonia, mentres que xogaron na segunda metade do terceiro choque ante a República Popular China.Alberto Rodríguez, técnico do Dépor ABANCA, cre que «están a facer un moi bo papel. Desexámoslles o mellor e que, polo menos, a súa ausencia se traduza nun título para a selección».O adestrador branquiazul advirte que «agora entran no treito máis difícil do campionato, pero co reto de estar máis preto do título. Nós estamos desexando que se reincorporen ao traballo e poidan ser unha dor de cabeza para min».O calendario de partidos do combinado nacional no Mundial, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:Primera FaseLuns 7 de setembroESPAÑA 2 - NIXERIA 0Xoves 10 de setembroESPAÑA 11 - NUEVA CALEDONIA 0Domingo 13 de setembroREPÚBLICA POPULAR CHINA 1 - ESPAÑA 3Mércores 16 de setembroOitavos de finalESPAÑA 2 - PORTUGAL 0Sábado 19 de setembroCuartos de final18:20: BRASIL - ESPAÑA, no Estadio Arena Sosnowiec