RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

canaldeportivo.tv retransmite en directo o Raio Vallecano - Deportivo B

Canaldeportivo, coa colaboración de Telemadrid, se convertió esta tarde, na primeira página web oficial dun club de fútbol español en retransmitir en directo un partido de Liga. Foi o encontro de Segunda División

O partido foi retransmitido en directo por Canaldeportivo.tv, grazas á técnología de Lambdastream coa súa VoDKA (Vídeo on Demand Kernel Architecture) e á cesión das imaxes por parte de Telemadrid. Un total de 2.690 espectadores rexistrou a páxina web da televisión oficial deportivista durante o choque. O Deportivo B impúxose ao Raio Vallecano (0-1) cun solitario tanto de Aridane nos compases iniciais e confirma que esta tempada podería pelexar polos postos que dan dereito a disputar a Fase de Ascenso a Segunda División. Augusto César Lendoiro, Presidente do Club, presenciou no palco a vitoria coruñesa.