RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Caparrós: Estou convencido de que a nosa afección vai estar co equipo

Ao finalizar o adestramento desta tarde en Riazor, a porta pechada, Joaquín Caparrós compareceu ante os medios informativos. -Como se atopa Diego Tristán? -Ben. Adestrou estes últimos días con total normalidade.

-Osasuna parece que ten previsto facer nove cambios respecto ao equipo que caeu eliminado o pasado xoves na Copa da UEFA.
-Seguro que é o equipo que lle gañou 2-0 ao Cádiz no último partido de Liga.

-Iago é o último canteirán na lista.
-E aquí non regalamos nada a ninguén. Iago é un mozo que ten a oportunidade de estar aí mañá e desde logo se ten que xogar vainos a axudar moito. Ten toda a nosa confianza.

-Crees que virá Osasuna tocado tras a súa eliminación?
-Non. É un equipo que ten moito carácter, que lle transmite precisamente o seu adestrador.

-Eran clásicos xa os choques Sevilla-Osasuna e Osasuna-Sevilla destas últimas tempadas.
-Si pero son partidos que xa son historia e non hai que darlles máis voltas. Agora as circunstancias son distintas, os futbolistas tamén...

-Podería haber mañá rotacións na defensa?
-Non me gusta a palabra rotación.

-Podería entón entenderse como un castigo a Héctor e Coloccini polo gol do Zaragoza o sábado pasado?
-O único que me importa é que os futbolistas non o entendan así. Os demais, dáme igual como se interprete.

-O ano pasado o Osasuna fixo un gran partido en Riazor e parece que aí empezou o mal fario do Deportivo na liga.
-Foi un partido que vin ademais pola tele. Golazo de Milosevic. Nós temos que estar ben atrás e en ataque para gañar o partido.

-Partido ao cinco da tarde, que lle tes que dicir ao afeccionado?
-Estou convencido de que mañá nosa afección vai estar co equipo.