RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Capdevila, convencido de que o Deportivo tamén loitará en Liga por chegar a Europa

O Deportivo comezou hoxe luns en 'O Mundo do Fútbol' a preparar o partido de ida de semifinais da Copa do Rei do próximo xoves ás 21:00 horas en Montjuic ante o Espanyol. A novidade desta mañá foi a presenza de Juan Carlos Valerón, que comezou hoxe a súa

Na sala de prensa compareceu Joan Capdevila, un ex espanyolista, que asegura que retornar a Montjuic "é especial para min".

-É este o seu mellor ano a nivel individual?
-Desde o punto de vista particular si. Pero teño como deportivista o deber de esixirme o máximo e desde logo o importante é o equipo.

-Parece que a Copa pode ser a vía máis accesible para chegar a Europa..
-Está claro que nunha final ante o Real Madrid, o que pase da nosa eliminatoria ten a UEFA practicamente asegurada.

-Existe certa preocupación por esta pequena mala serie de resultados..
-Pois eu vexo ao equipo capacitado en Liga e Copa. Quizais nestes partidos faltounos fortuna ante o Mallorca, Atlético ou Valencia, porque creo que fixemos un bo traballo. Estou convencido de que podemos chegar ou loitar por Europa tamén na liga. Iso si, esquecéndonos de Valerón, que xa non poderemos contar con el esta tempada.

-O Espanyol tampouco está a pasar un bo momento.
-Home pero seguro que están convencidos de que a Copa é unha excelente vía para chegar a Europa. Para min a eliminatoria está ao cincuenta por cento. Aquí na liga xa demostraron que nos poden gañar.

-E co Espanyol chega Pandiani, que parece que non ten boa relación con algúns dos futbolistas do Dépor.
-Non vou entrar neste tema. Creo que mentres estivo aquí adestrou e xogou ben no Deportivo.