RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
GL
PORTADA

Carlota Suárez, nova xogadora do Dépor ABANCA 22-23

Carlota Suárez Crespo (Vigo, Pontevedra, 19 de xullo de 1997) converteuse en nova xogadora do Deportivo ABANCA para as dúas próximas temporadas.

A dianteira pontevedresa procede do Real Oviedo Femenino, conxunto no que militou as dúas últimas temporadas despois de acabar de formarse no fútbol estadounidense. Carlota Suárez xogou no Tyler Junior College na campaña 2016-2017 e no equipo da Sam Houston State University entre 2017 e 2020. Nos seus comezos, entre 2012 e 2016, a futbolista galega militou no CF Pozuelo de Alarcón.

A pasada campaña, Carlota Suárez disputou co cadro asturiano o mesmo campionato que o Dépor ABANCA, o grupo Norte de Reto Iberdrola. A nova xogadora deportivista participou en 29 encontros, 22 deles como titular, anotando 7 goles. En Copa da Raíña xogou outros 2 encontros nos que marcou 2 tantos.

Carlota Suárez súmase así ao cadro deportivista tralas renovacións de Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Raquel García e Patri López, máis Cris Martínez e Eva Dios, con contrato en vigor.