RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carmelo: "A operación de Sidnei repercute no equilibrio económico do Club"

Carmelo del Pozo, unha vez concluída a presentación de Domingos Duarte, respondeu a algunhas das preguntas dos medios de comunicación. Estas fosen algunhas das súas frases:

Chegada de Domingos Duarte
"Agradecer ao Sporting toda a xestión, toda a axuda que fixo para favorecer que viñese o xogador a préstamo. É un xogador que o Sporting ten moi ben considerado, co cal a opción de compra era inviable. Houbo equipos de Primeira que se estancaron un pouco nesta operación, e nós atopamos unha vía diferente. Fomos un pouco máis áxiles á hora de poder traer ao xogador".

"Conseguimos unha opción preferente. Se o equipo pode estar en Primeira o ano que vén, e o xogador atopouse a gusto aquí, se non forma parte do primeiro cadro do Sporting temos a opción nós de poder telo. Se entendemos que é un xogador do nivel que todos cremos que pode dar, pode ser unha boa opción para todos".

"A opción é preferente no sentido de que estaba a xogar en Primeira. Baixou a Segunda. Estaba en Portugal e agora veu a España. El dá un salto a unha categoría diferente, e o rol do Deportivo para el foi moi importante. Tiña ofertas de 3 ou 4 equipos portugueses de Primeira e entendeu que era mellor xogar nun equipo como o Deportivo, aínda que estea agora mesmo nunha categoría non tan importante como a Primeira de Portugal".

Sidnei
"Houbo unha perda de valor económico. Pero ese valor parécenos importante porque computamos o que é o trapaso e o diñeiro que liberamos a efectos desta temporada e a que vén".

"Sidnei era o único xogador que tiña un valor económico co seu contrato que non baixaba de Primeira a Segunda. Ese valor para Segunda era unha barbaridade. Esa operación repercute no equilibrio económico do Club".

Tytoń e o Málaga
"Non hai nada pechado. É un dos candidatos que teñen para a portería. Se saíse o xogador sairía traspasado e acabaría o seu contrato".

Francis
"Ao día seguinte falei con el. Deille as miñas explicacións e as miñas desculpas. É un xogador cunha situación difícil. Entre todos estamos a tentar axudar".

"Non cambiou a nosa idea desde o primeiro día. E non vai cambiar".

Saídas
"Hai 2 ou 3 xogadores que teñen ofertas. Estar preparados nós e ter claro que sexan opcións interesantes para nós no económico, e se é así compensalo no deportivo".