RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Carmen Carballada, após a súa renovación: Ser deportivista é unha sorte

Carmen Carballada pasouse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR confirmada a súa continuidade no Dépor até 2027.

Dixo ante os medios de comunicación estar "moi contenta. É o que sempre quixen desde que cheguei aquí. Así que moi contenta e feliz de poder seguir onde quero estar, que se di fácil pero para min é moi importante".

A centrocampista do Dépor ABANCA cre que "como se vive o fútbol aquí é moi especial e distinto a outros sitios e contáxiase moito desde o principio. A verdade é que ser deportivista é unha sorte".

Subliña que "para min poder aspirar a estar no mellor equipo feminino de Galicia é o máximo porque é o equipo da túa terra. Entón estou feliz e oxalá algún día poida asentarme no primeiro equipo e estar aquí moito tempo".

Carmen Carballada apunta que "estar en dinámica de primeiro equipo xa é un privilexio, adestrar con elas todos os días, o nivel que teñen. Obviamente todos queremos ter oportunidades no primeiro equipo pero para min o principal é axudar no que poida, nos adestramentos, no que faga falta e se chegan esas oportunidades tentar aproveitalas ao máximo e se non, pois seguir traballando". 

Ademais, indica que o Club "desde hai un tempo está a apostar bastante pola canteira. Creo que se está vendo tanto nas renovacións como na participación que tivemos este ano durante a temporada algunhas xogadoras do filial. Sentimos moi valoradas nese sentido e é un orgullo".

De cara á próxima temporada xa na liga F, a futbolista monfortina "confía moitísimo no bloque que hai e no que creo que vai seguir. Temos un bo grupo, creo que podemos manter a categoría. Temos xogadoras moi boas que aínda que sexa o seu primeiro ano en Primera vano a facer moi ben, así que eu confío ao máximo en que podamos manter a categoría e a longo prazo, ser cada vez un equipo máis importante en Liga F".

Finalmente Carmen Carballada resalta que "o fútbol feminino galego está a crecer unha chea, tamén se está vendo nas seleccións galegas. Felicitar tamén desde aquí ás miñas compañeiras do Dépor ABANCA B, que son subcampioas de España sub-17, que se di pronto. Con iso, coa creación do Celta, o ascenso do Dépor ABANCA á liga F, o Viajes InterRías, que está agora nunha boa liga, o fútbol feminino galego está a crecer unha chea. É moi importante tamén para o Dépor que clubs como o Celta, por exemplo, fagan un proxecto, que compitan entre eles. Iso vai beneficiar a todas as partes".

 

/* Bot imbee */