RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Carrusel de partidos esta semana en #ANOSACANTEIRA, con choques xa mañá mércores

Aproveitando os festivos do xoves 8 de decembro, varios equipos de #ANOSACANTEIRA teñen dobre cita ligueira esta semana.

O Fabril, líder de Terceira RFEF, visita este xoves 8 ao UD Ourense (17:00), nunha das saídas máis complicadas da temporada. Xa a fin de semana, o equipo que dirixe Óscar Gilsanz recibe o domingo 11 en Abegondo ao UD Somozas a partir das 12:00 horas.

Tamén teñen dobre compromiso os dous conxuntos da División de Honra cadete. Mañá mércores 7, o Dépor mídese na Cidade Deportiva ao Pontevedra CF (19:00) e o San Tirso SD Cadete visita ao ED Xuventude de Oroso (20:00 horas). E o sábado 10, ambos os conxuntos xogan como visitantes: os branquiazuis en Ferrol (12:00 horas, campo de Aneiros) e os 'verdes' en Redondela ante o CD Choco, pendente de fixar hora.

Así mesmo o Infantil, líder da División de Honra, adianta ao xoves 8 o seu partido ligueiro, coa visita ao UD Santa Mariña a partir das 12:00 no campo vigués de Cotogrande.

Tamén adiantou a onte luns o seu partido correspondente á 6ª xornada no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas o Alevín A, neste caso para poder participar a fin de semana, co Benxamín A, na VII edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre de Marín.

O sábado 10, ademais dos equipos citados e do Fabril FC Alevín e Benxamín na Torre, o Xuvenil B enfróntase (10:30) ao Ural Español CF B en Abegondo e o San Tirso SD Infantil (12:00) ao Cidade de Ribeira CF en O Monte.

Xa o domingo 11, o Xuvenil A defende o liderado da División de Honra conquistada a pasada fin de semana en Vigo en #ONOSODERBI cun sempre difícil partrido ante o Real Racing Club, 4º na táboa. O choque será ás 12:00 no campo 3 da Cidade Deportiva.

Esta semana teñen parón ligueiro, ademais do Benxamín A, o Deportivo ABANCA B, Orzán SD Xuvenil Feminino, Orzán SD Cadete B Feminino, Orzán SD Cadete Feminino e Orzán SD Infantil Feminino pola disputa do Campionato de España feminino por autonomías sub-15 e sub-17.

Están convocadas Emma Gandoy (Orzán SD Cadete) e Sofía Rodríguez (Orzán SD Infantil) na selección galega sub-15; e Martina Rivas (Orzán SD Xuvenil), Uxía López (Orzán SD Xuvenil), Elena Vázquez (Dépor ABANCA B), Laura Santos (Orzán SD Xuvenil), Sara Cercido (Orzán SD Xuvenil), Lucía Rivas (Deportivo ABANCA B), Macarena González (Orzán SD Xuvenil) e Laura Otero (Deportivo ABANCA B) na sub-17.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF

12ª xornada: UD OURENSE - FABRIL, o xoves 8 de decembro ás 17:00 no Couto (Ourense)

13ª xornada: FABRIL - UD SOMOZAS, o domingo 11 de decembro ás 12:00 en Abegondo

Clasificación: 1. Fabril, 27 puntos; 2. Racing Villalbés, 22 puntos; 3. Arosa SC, 21 puntos; 4. UD Ourense, 19 puntos; 5. CD Estradense, 17 puntos; 6. UD Somozas e Rápido de Bouzas, 15 puntos...

Categoría feminina

Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 34 puntos; 2. Sporting de Gijón, 29 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 32 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Feminino, 31 puntos; 3. CD Lugo, 29 puntos; 4. Bergantiños CF, 28 puntos...

Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete B Feminino, 27 puntos; 2. Unión Campestre FC e Atlético San Pedro, 22 puntos...

Clasificación da liga Galega cadete, subgrupo A: 1. Orzán SD Cadete Feminino, 24 puntos; 2. Victoria CF, 18 puntos...

Clasificación da liga Galega infantil, subgrupo A: 1. SCD Pastoriza, 21 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino e UC Cee, 15 puntos; 4. SCD Milagrosa, 9 puntos...

Categoría xuvenil

14ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, o domingo 11 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)

Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 33 puntos; 2. Sporting de Gijón, 32 puntos; 3. RC Celta, 31 puntos; 4. Real Racing Club, 25 puntos...

14ª xornada: XUVENIL B - URAL ESPAÑOL CF B, o sábado 10 de decembro ás 10:30 en Abegondo (campo 5)

Clasificación da liga Nacional: ... 2. Pontevedra CF, 27 puntos; 3. CD Choco e ED Val Miñor Nigrán, 25 puntos; 5. Xuvenil B e Pabellón Ourense CF, 23 puntos; 7. Atlético Coruña Montañeros CF, Racing de Ferrol e Bergantiños CF, 21 puntos... 16. Ural Español CF B, 10 puntos...

Categoría cadete

14ª xornada: CADETE - PONTEVEDRA CF, mañá mércores 7 de decembro ás 19:00 en Abegondo (campo 6)

14ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO - SAN TIRSO SD CADETE, mañá mércores 7 de decembro ás 20:00 horas no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)

15ª xornada: RACING DE FERROL - CADETE, o sábado 10 de decembro ás 12:00 no campo de Aneiros (Ferrol)

15ª xornada: CD CHOCO - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 10 de decembro no campo de Santa Mariña (Redondela), pendente de fixar hora

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 39 puntos; 2. RC Celta, 34 puntos... 5. Racing de Ferrol, 25 puntos... 9. ED Xuventude de Oroso, 18 puntos... 16. San Tirso SD Cadete, 12 puntos; 17. Pontevedra CF, 11 puntos... 19. CD Choco, 8 puntos...

Categoría infantil

12ª xornada: UD SANTA MARIÑA - INFANTIL, o xoves 8 de decembro ás 12:00 en Cotogrande (Vigo)

12ª xornada: SAN TIRSO SD INFANTIL - CIDADE DE RIBEIRA CF, o sábado 10 de decembro ás 12:00 en O Monte

Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 31 puntos; 2. RC Celta, 30 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 27 puntos... 9. UD Santa Mariña, 14 puntos... 11. San Tirso SD Infantil, 11 puntos... 14. Cidade de Ribeira CF, 8 puntos...

Categoría alevín

6ª xornada: ORILLAMAR SD A 0 - ALEVÍN A 6 (Mario González -3-, Sergio Infante, Íker Obeso e Nico Torres)

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Alevín A (un partido máis), 18 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 15 puntos; 3. Ural Español CF e Victoria CF, 9 puntos...

VII edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre de Marín

Primeira Fase
Sábado 10 de decembro
11:30: ALEVÍN A - EF VILA DE MARÍN
14:00: ALEVÍN A - PABELLÓN OURENSE CF
17:00: VITÓRIA SC - ALEVÍN A
19:00: ED XUVENTUDE DE OROSO - ALEVÍN A

En función de clasificación, os equipos quedarán emparellados en cuartos de final, que serán o domingo 11 a partir das 09:30 horas.

6ª xornada: SADA CF A - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 10 de decembro ás 10:30 no campo As Mariñas - Andrés Pena (Sada)

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Alevín, 15 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz e Sada CF A, 12 puntos...

Categoría benxamín

VII edición do Torneo Internacional Tucho de la Torre de Marín

Primeira Fase
Sábado 10 de decembro
11:30: BENXAMÍN A - CAMPIÓN DA FASE PREVIA
14:00: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO
17:00: PABELLÓN OURENSE CF - BENXAMÍN A
19:00: VITÓRIA SC - BENXAMÍN A

En función de clasificación, os equipos quedarán emparellados en cuartos de final, que serán o domingo 11 a partir das 09:30 horas.

6ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 10 de decembro ás 11:30 na Torre (campo 3.1)

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1 . Benxamín A, 15 puntos; 2. Ural Español CF, 12 puntos; 3. CD Calasanz e Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos; 5. Victoria CF e Fabril FC Benxamín, 6 puntos...