RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Cartón Vermello CCLos Rosales: Queremos beneficiar aos socios e, ao mesmo tempo, fomentar o consumo

Roberto Vázquez Vázquez, director do Centro Comercial Os Rosales Os socios do Deportivo da Coruña están de parabén. Xa non soamente polo moito que gozan con cada vitoria do seu equipo, senón también polo interesante aco

¿Como xurdiu a iniciativa de ofrecer estas promocións aos socios do Deportivo?
Hai unha proximidade importante entre o estadio e o centro comercial e, os días de partido, hai moitos socios do Deportivo que utilizan as instalacións do centro comercial para aparcar ou para vir consumir, tomar algo nos establecementos de hostalaría ou realizar as súas compras. Entón, pensamos primeiro en como poder beneficiar a ambas as partes, aos socios do Depor, que é unha gran masa social, e, segundo, aos propios establecementos, tentando fomentar o consumo. A partir de aí, o que se fixo foi falar co Deportivo para poder chegar a un acordo de ofrecer estas condicións aos socios. En definitiva, o obxectivo era establecer sinerxías por proximidade co Deportivo e a masa social que ten tentando incentivar o consumo dos establecementos do centro comercial.

¿Cada establecemento é o que elixiu o desconto ou agasallo que quere facer?
Si. O que fixemos foi comunicar que existía esta posibilidade e, logo, cada establecemento marcou as súas condicións. Nun centro comercial hai operadores moi diversos, algúns moi grandes, que son multinacionais e outros máis locais, que teñen o seu propio negocio. Entón, son eles os que deciden levar a cabo a promoción que cada un poida realizar.

¿Que beneficios hai para os socios do club branquiazul?
Participan ata trinta establecementos e os beneficios son moi variados. Hai descontos de ata o 50% nalgunhas tendas ou agasallos directos por compra mínima. As promocións son moi variadas, hai tendas de roupa con ata un 30% de desconto ou a óptica, que fai ata un 30% tamén. A nivel de establecementos, destacar que hai firmas grandes como Yelmo Cinemas, McDonald's, Arenal Perfumarías, Pans & Company, Caramelo, que á súa vez tamén é patrocinador do Deportivo da Coruña, ou Vodafone. Practicamente todos os establecementos do centro comercial participan neste acordo.

¿Como pode o socio informarse sobre cales son os descontos que se realizan?
Como a maioría de promocións son indefinidas no tempo, á parte do ‘flyer' que se repartiu no estadio de Riazor a cada abonado o día do partido contra o Barcelona B, quixemos deixar ‘en liña' a nivel permanente unha información para que os interesados poidan consultar en todo momento as promocións que están vixentes. Entón, poden facelo a través da páxina web do centro comercial, que é www.cclosrosales.com ou a través do perfil de facebook.

¿Que pasos debe dar o socio para conseguir que lle fagan o desconto en cada establecemento?
É moi sinxelo. Quixemos simplificalo ao máximo e cada socio do Deportivo da Coruña que queira realizar a compra só ten que identificarse como abonado do club, porque todos os establecementos están informados da promoción. Por tanto, simplemente ten que presentar o carné de socio con algún documento acreditativo do mesmo,  é dicir, un DNI, un carné de conducir ou calquera documento que poida acreditar que esa persoa é realmente o socio que mostra nese carné.

Aínda que aínda é moi pronto, ¿esta promoción xa tivo algunha repercusión no volume de vendas?
Falamos cos operadores para ao final do mes ter un ‘feedback' de como ha ido durante o primeiro mes a campaña, pero o que si podo confirmar é que tanto polos medios ‘en liña' que podemos valorar, a información que se colocou tanto en canaldeportivo como en facebook do Real Club Deportivo xerou máis de 1.600 clicks. É unha cifra bastante importante e que demostra que á xente parécelle atractiva a promoción. Logo, si que hai establecementos, sobre todo de hostalaría, que nos confirmaron que o mesmo sábado ao terminar o partido tiveron un retorno importante de persoas que fixeron uso das promocións en varios establecementos, como en Pans & Company ou o Mesón Lois. Pero, aínda así, é pronto para valorar a efectividade, porque, ademais, é unha campaña indefinida.

Nun momento no que A Coruña dispón de moitos centros comerciais, ¿pensaron que a masa social coa que conta o Deportivo pode relanzar Os Rosales?
Sobre todo unido tamén a que hai unha situación económica delicada a nivel de consumo, con estas accións o que tentamos é xerar uns beneficios para ambos os lados, é dicir, que os socios do Deportivo se poidan beneficiar de condicións preferentes e, á súa vez, tamén que os establecementos do Centro Comercial consigan incentivar un pouco máis o consumo. É unha forma de apoiar a unha gran masa social de todo un referente a nivel de cidade, como é o Real Club Deportivo da Coruña.

promocións

1- Vodafone  25% Desconto en
o terminal: Esta rebaixa efectúase a aqueles clientes que soliciten unha alta nova, portabilidad ou migración. Poden obter máis información no teléfono 981 647 702.

2- Castro ópticos Os socios poden gozar de ata un 25% de desconto en cristais graduados, monturas de graduado e lentes de sol, e un 20% en lentes de contacto.

3- Yelmo Cinemas A rebaixa é dun euro de luns a xoves. Esta promoción é válida ata o próximo 31 de marzo de 2012.

4- McDonald's Este establecemento obsequia aos socios do Deportivo da Coruña cun Sundae gratis pola compra de calquera menú mediano ou grande.

5- Caramelo Outlet Esta marca realiza un 10% de desconto para os abonados da entidade coruñesa. Non é acumulable a outras promocións nin en período de rebaixas.

6- Pans & Company Os socios poden gozar dun menú para dúas persoas por soamente 8,95 euros. Este menú inclúe dous bocadillos (excepto recomendados), dúas bebidas de tamaño normal e unha de patacas grande.

7- DÖNER KEBAB Este establecemento do Centro Comercial Os Rosales realiza un desconto dun 10% ou dá tamén a opción de obter un menú gratis, en grupo mínimo de cinco persoas.

8- E MOITO MÁIS Ademais das promocións descritas, tamén realizan rebaixas outros negocios, como a Cervecería A Internacional, as tendas de Belros e Regaliz, a xoiaría 18K –que realiza un desconto do 10%– ou a compañía de seguros Pelayo –que fai unha rebaixa do 5%–, entre outros.