RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Catro adestramentos no Dépor ABANCA para preparar a visita ao Cacereño Feminino do domingo ás 12:00

Irene Ferreras disporá de catro sesións de traballo matinais desde mañá mércores para preparar a visita do Deportivo ABANCA ao Cacereño Feminino, correspondente ao partido de ida das semifinais do play off de ascenso, o domingo 21 de maio ás 12:00 no campo Manuel Sánchez Delgado.

A última xornada en Primeira Federación Iberdrola deixou ás Nosas en 3ª posición con 53 puntos, os mesmos que a SD Eibar (2º por mellor golaverage particular e ascendido a Primeira División). CDF Osasuna Feminino (52 puntos), Granada CF (50 puntos) e Cacereño Feminino (48 puntos) son os equipos que acompañan ao Dépor ABANCA neste play off de ascenso.

Cada día que haxa actividade na Cidade Deportiva, antes de saltar ao céspede o cadro terá ximnasio e sesión de vídeo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 17 de maio

09:00 h., O Monte

Xoves 18 de maio

10:00 h., Abegondo

Venres 19 de maio

10:00 h., Abegondo

Sábado 20 de maio

09:30 h., Abegondo

Domingo 21 de maio

12:00: Cacereño Feminino - Deportivo ABANCA, no campo Manuel Sánchez Delgado (Cáceres)