RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Catro partidos xóganse este xoves, festividade do 1 de maio, como antesala dunha fin de semana decisiva para Fabril e Xuvenil A

Un total de 4 partidos xóganse este xoves aproveitando a festividade do 1 de maio.

Na División de Honra cadete, o Dépor recibe en Abegondo (10:15) ao ED Xuventude de Oroso e o San Tirso SD Cadete visita (10:30) ao CD Conxo Santiago no campo de A Merced.

Ambos os equipos repiten xornada o sábado 3 de maio: fronte ao CD Lugo (16:00) os branquiazuis; e ante o ED Val Miñor Nigrán os 'verdes' (11:00).

Tamén mañá xoves 1, na División de Honra infantil, o Dépor mídese na Cidade Deportiva ao CD Lugo (12:15) na súa pelexa co RC Celta polo título de liga.

Pecha a xornada o encontro do Alevín en Ponte dos Brozos ante o Atlético Arteixo (10:30) no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. Os branquiazuis lideran a táboa con 2 puntos de vantaxe sobre o 2º clasificado, o CD Lugo.

O calendario da semana abriuno onte martes 19 de abril precisamente o Alevín. O equipo de Alberto Suárez derrotou en Abegondo ao ED Luis Calvo Sanz por 7-0 con goles de Nacho Villanueva -3-, Alejandro Astray -2-, Íker Ferreiro e Miguel Candal nun encontro correspondente á 8ª xornada.

A fin de semana ten no domingo 4 de maio o seu epicentro, con partidos decisivos para o Fabril e o Xuvenil A.

Ás 12:00 en Abegondo (YouTube RC Deportivo), o filial recibe á RS Gimnástica de Torrelavega na última xornada en Segunda Federación.

Os fabrilistas suman 51 puntos na 5ª e última praza que dá dereito a disputar o play off de ascenso. Por detrás só o poden alcanzar a UP Langreo (6º con 49 puntos) e o Rayo Cantabria (7º con 48 puntos), que á mesma hora mídense no seu campo ao CD Laredo e Bergantiños CF respectivamente.

Pola tarde, ás 16:30, o Xuvenil A visita ao ED Val Miñor Nigrán na última xornada na División de Honra.

Os deportivistas son líderes con 72 puntos por 69 do RC Celta, que á mesma hora recibe na Madroa ao CD Covadonga.

Como o golaverage particular favorece aos célticos, os branquiazuis, para ser campións, deben polo menos puntuar en Condomínguez para non depender dunha hipotética derrota céltica.

Completa a xornada do domingo 4 o partido en Abegondo do Xuvenil B ante o Pabellón Ourense CF (11:00) tamén co liderado da Liga Nacional no punto de mira.

Antes dese súper domingo, o sábado 3, xoga ademais o San Tirso SD Infantil en Oira (16:00) ante o Ourense CF na División de Honra infantil e o Alevín A ante o Atlético Coruña Montañeros CF na Torre (10:00) na última xornada da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Teñen descanso o Fabril FC Alevín e os dous equipos benxamíns, que están á espera de participar na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.
 
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda Federación
34ª xornada (última): FABRIL - RS GIMNÁSTICA DE TORRELAVEGA, o domingo 4 de maio ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 4. Real Ávila CF, 52 puntos; 5. Fabril, 51 puntos; 6. UP Langreo, 49 puntos; 7. Rayo Cantabria, 48 puntos... 16. RS Gimnástica de Torrelavega, 31 puntos...

Categoría xuvenil
30ª xornada (última): ED VAL MIÑOR NIGRÁN - XUVENIL Ao domingo 4 de maio ás 16:30 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 72 puntos; 2. RC Celta, 69 puntos; 3. Sporting de Gijón, 60 puntos... 9. ED Val Miñor Nigrán, 32 puntos...

30ª xornada: XUVENIL B - PABELLÓN OURENSE CF, o domingo 4 de maio ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B, 73 puntos; 2. Xuvenil B, 71 puntos; 3. Racing de Ferrol, 61 puntos... 6. Pabellón Ourense CF, 52 puntos...

Categoría cadete
28ª xornada: CADETE - ED XUVENTUDE DE OROSO, mañá xoves 1 de maio ás 10:15 en Abegondo
28ª xornada: SD COMPOSTELA - SAN TIRSO SD CADETE, mañá xoves 1 de maio ás 10:30 na Merced (Conxo, Santiago)

29ª xornada: CD LUGO - CADETE, o sábado 3 de maio ás 16:00 no Municipal Rodríguez Lago (Lugo)
29ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 3 de maio ás 11.00 no Monte

Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 79 puntos; 2. Cadete, 74 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 54 puntos... 5. SD Compostela, 49 puntos; 6. San Tirso SD Cadete, 47 puntos; 7. Pabellón Ourense CF, 45 puntos... 14. ED Xuventude de Oroso, 19 puntos...

Categoría infantil
26ª xornada: INFANTIL A - CD LUGO, mañá xoves 1 de maio ás 12:15 en Abegondo
26ª xornada: OURENSE CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 3 de maio ás 16:00 en Oira (Ourense)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 70 puntos; 2. Infantil, 67 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 55 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 51 puntos; 6. San Tirso SD Infantil, 39 puntos; 7. CD Lugo, 37 puntos; 8. AJ Lérez, 35 puntos... 14. Ourense CF, 16 puntos...

Categoría alevín
8ª xornada (martes 29): ALEVÍN 7 (Nacho Villanueva -3-, Alejandro Astray -2-, Íker Ferreiro e Miguel Candal) -  ED LUÍS CALVO 0
9ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - ALEVÍN, mañá xoves 1 de maio ás 10:30 en Ponte dos Brozos
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Alevín, 22 puntos; 2. CD Lugo, 20 puntos; 3. Ural Español CF, 17 puntos... 11. Atlético Arteixo, 3 puntos...

6ª xornada (última): ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN A, o sábado 3 de maio ás 10:00 en La Torre (campo 4)
Clasificación da Fase polo Título da Primeira A Coruña, grupo A: 1. 15 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 9 puntos...

Clasificación final do Torneo Delegación, grupo A: 1. Fabril FC Alevín, 12 puntos; 2. UD Carral, 7 puntos...