RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Xuvenil B proclámase campión da Liga Nacional ao derrotar en Abegondo ao RC Celta B

A fin de semana en ANOSACANTEIRA estivo marcada por única cita.

O Xuvenil B recibía ao RC Celta B este sábado 31 de maio no último partido da Liga Nacional.

Os branquiazuis avantaxaban en 1 punto aos celestes á fronte da táboa. Por conseguinte, de aquí saía o campión de liga.

E foron os deportivistas, que derrotaron aos celestes por 2-0, con goles de Lucas e Miguel de Labra, ambos na segunda metade.

Desta forma, o Xuvenil B acaba a liga na primeira posición con 86 puntos, con 28 partidos gañados, 2 empatados e 4 perdidos; con 127 goles a favor e 36 en contra.

O xoves 29 a atención pasaba polo Toralín de Ponferrada. O Xuvenil A enfrontouse ao Real Betis na primeira semifinal, que curiosamente se xogou de segunda, da Copa de Campións.

Nesta ocasión non puideron os branquiazuis cos béticos, a pesar de adiantarse no marcador con 2 goles nos primeiros 2 minutos.

A pesar de todo a temporada do Xuvenil A pode cualificarse como sobresaliente, situando a ANOSACANTEIRA entre as 4 mellores de España.

Así mesmo en Abegondo, o San Tirso SD Infantil perdeu por 1-3 no seu último partido de liga da División de Honra ante o AJ Lérez.

Os 'verdes' acaban con 40 puntos na zona media da clasificación despois de 13 partidos gañados, 1 empatado e 16 perdidos; con 58 goles a favor e 59 en contra.

O mércores, o Cadete venceu por 0-4 ao CD Conxo Santiago no campo da Merced na penúltima xornada da División de Honra, con goles de Guille, Roi e Elías Trigo -2-.

Con este resultado, os branquiazuis, a falta de 1 partido, suman 92 puntos na 2ª posición polo 94 do líder, o RC Celta.

Na última xornada, os deportivistas reciben en Abegondo á SD Compostela e os célticos, ao ED Xuventude de Oroso. 

Ademais, o Infantil concluíu a liga con triunfo (8-0) en Abegondo ante o Victoria CF e como subcampión da División de Honra.

Os deportivistas gañaron 26 partidos, empataron 2 e perderon 2; con 120 goles marcados e 31 recibidos.

Finalmente este pasado martes 27 de maio o San Tirso SD Cadete, 4º na División de Honra, venceu por 2-1 ao Escola de Fútbol DSF no campo Penedo Redondo de Salceda de Caselas.

Os 'verdes' están a asinar unha gran campaña e afiánzanse na zona nobre da táboa, só superados por Dépor, Celta e ED Val Miñor Nigrán.

Os resultados foron os seguintes:

Categoría xuvenil
Copa de Campións, semifinal (xoves 29): XUVENIL A 2 (Rubén e José Rey) - REAL BETIS 6

Liga Nacional, 34ª xornada (última): XUVENIL B 2 (Lucas e Miguel de Labra) - RC CELTA B 0

Categoría cadete
División de Honra, 33ª xornada (mércores 28): CD CONXO SANTIAGO 0 - CADETE 4 (Guille, Roi e Elías Trigo -2-)
División de Honra, 33ª xornada (martes 27): SAN TIRSO SD CADETE 2 (Dani López e Dani Fructuoso) - ESCOLA DE FÚTBOL DSF 1

Categoría infantil
División de Honra, 30ª xornada (última) (mércores 28): INFANTIL 8 (Álex Vidal -4-, Íker Obeso -3- e Hugo Caridad) - VICTORIA CF 0
División de Honra, 30ª xornada (última) (xoves 29): SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Carlos Crepo) - AJ LÉREZ 3