RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Catro sesións de traballo en Abegondo para o Dépor previas ao partido en La Línea

Despois de onte luns e de hoxe martes de descanso, Os Nosos regresan aos adestramentos mañá mércores 1 de marzo ás 10:30 en Abegondo.

O vindeiro domingo 5 de marzo ás 12:00 (InSports.tv), o Dépor visita no Estadio Municipal de La Línea de la Concepción á RB Linense, en choque correspondente á 26ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

A última xornada deixou ao equipo branquiazul 2º na táboa con 49 puntos, a 1 punto do AD Alcorcón, líder con 50 puntos. Por detrás marcha o Real Madrid Castilla (3º con 48) e un pouco máis distanciado o Córdoba CF (4º con 44 puntos).

Óscar Cano disporá para preparar o partido de La Línea de 4 sesións matinais na Cidade Deportiva a partir das 10:30, con almorzo previo para o cadro na propia instalación ás 9:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 1 de marzo
10:30 h., en Abegondo

Xoves 2 de marzo
10:30 h., en Abegondo

Venres 3 de marzo
10:30 h., en Abegondo

Sábado 4 de marzo
10:30 h., en Abegondo

Domingo 5 de marzo
12:00: RB Linense - Deportivo, no Estadio Municipal de La Línea de la Concepción