RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Catro sesións de traballo no Dépor ABANCA previas á súa visita ao SE AEM Lleida

A próxima fin de semana tócalle de novo ao Dépor ABANCA xogar lonxe de Abegondo, esta vez coa visita ao SE AEM Lleida, en partido correspondente á 18ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

O corpo técnico encabezado por Miguel Llorente e Ana González disporá de catro sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva, desde mañá mércores, para preparar o partido nun dos estadios máis complicados da categoría.

Co empate do pasado domingo ante o Zaragoza CFF, o Dépor ABANCA é segundo na táboa con 38 puntos por 39 puntos do líder, o FC Levante Las Planas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 23 de febreiro
11:30 h.

Xoves 24 de febreiro
11:30 h.

Venres 25 de febreiro
11:30 h.

Sábado 26 de febreiro
11:30 h.

Domingo 27 de febreiro
12:00 h.: SE AEM - Deportivo ABANCA no Municipal de Recasens (Lleida) retransmitido por www.fcf.tv.