Charla sobre nutrición do especialista da DéporClínica, mañá ás 18:45 nas Escravas
Saúl Sánchez, nutricionista do Real Club Deportivo e da DéporClinica, impartirá unha charla no Colexio Escravas sobre os perigos do azucre, dirixida a estudantes do centro e familiares.
A actividade comezará ás 18:45 h. e o obetivo da charla é informar dun tema nutricional que preocupa aos cidadáns. Nos últimos anos empezouse a relacionar o consumo de azucre coa aparición das enfermidades complexas que supoñen os maiores problemas de saúde para a poboación. O problema é que este produto está demasiado presente en case todos os produtos industriais de tal modo que se consome en grandes cantidades de maneira inconsciente. ¿Sabes que cantidade de azucre teñen os alimentos que consumes habitualmente? ¿Que podería pasar se excedes a cantidade de azucre diario recomendada?
Esas e outras respostas serán contestadas por Saúl Sánchez, que a diario atende o Servizo de Nutrición da DéporClínica, aberto a todos os deportivistas e coruñeses que queiran acudir ás instalacións da clínica do Dépor na rúa Manuel Murguía.