RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Christian Santos realizou tarefas co grupo no regreso ao traballo do Dépor

O Deportivo comezou hoxe martes a preparar a visita ao estadio do Toralín de Ponferrada, prevista para o sábado 14 de decembro (18:00 horas, #Vamos) co equipo dividido en dous grupos.

Así, após un quecemento e uns rondos, os titulares o pasado domingo ante o Real Zaragoza en ABANCA-RIAZOR seguiron con tarefas de recuperación: estiramentos e ximnasio.

Para os demais, incluídos os fabrilistas Álex Cobo e Boian, Luis César dispuxo ademais unha tarefa de posesión, un exercicio de finalizacións e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Tiveron hoxe adestramento específico Borja e David Simón. Christian Santos, na recta final da súa recuperación, realizou xa as primeiras tarefas da mañá co equipo.

Mañá mércores, os futbolistas están citados ás 09:30 horas na Cidade Deportiva para unha sesión que ten previsto arrincar sobre o céspede ás 11:00.