RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cinco DéporCampus Cabreiroá 2022 congregaron a case 500 nenos e nenas na semana do 4 ao 8 de xullo

O pasado venres 8 de xullo púxose o punto e final á segunda semana dos DéporCampus Cabreiroá 2022, unha das 'semanas grandes' deste verán, posto que tiveron lugar cinco campamentos: a segunda quenda de Abegondo e os de Bertamiráns, Caranza, Viveiro e Ourense.

Os DéporCampus Cabreiroá seguen batendo cifras de participación neste 2022, non só na sede de Abegondo se non tamén nas esparexidas por toda Galicia. Nesta semana participaron 193 alumnos/as en Abegondo, 102 en Caranza, 40 en Bertamiráns, 81 en Viveiro e 44 en Ourense, facendo un total de 460 nenos e nenas en tan só unha semana.

Hoxe venres 15 de xullo clausúrase a terceira semana dos DéporCampus Cabreiroá 2022, en Abegondo (terceira quenda), Silleda, Boiro e Monforte.

Aínda se atopan abertas as inscricións para as dúas últimas semanas de Abegondo e a sede de Catoira, que este ano se estrea do 1 ao 5 de agosto.

Os interesados poden consultar toda a información e realizar o proceso de inscrición nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición poden contactar directamente en deporcampus@rcdeportivo.es.