RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Coca-Cola e RC Deportivo colaboran na creación dun horto terapéutico en Aspronaga

O pasado sábado 10 de setembro, representantes de diferentes equipos do RC Deportivo: Dépor, Dépor ABANCA e Genuine participaron, grazas á iniciativa de Coca-Cola na creación dun horto terapéutico para persoas usuarias do centro nas instalacións de ASPRONAGA (Centro Ricardo Baró, na avenida Isaac Díaz Pardo, 15 de Oleiros).

A actividade, dentro do Plan de Voluntariado corporativo de Coca-Cola, contou coa participación de 60 persoas, entre elas os Deportivistas Pablo, Cusi, Nuria e unha ampla representación de futbolistas do equipo Genuine.