RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Conclúen as sesións de traballo de Antía Veiga coa selección española sub-17

Antía Veiga participou nuns adestramentos coa selección española sub-17 que tiveron lugar na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) do pasado luns 9 a este mércores 11 de febreiro.

Estas sesións serviron para preparar a Rolda 2 da clasificación para o Campionato de Europa que se xogará o próximo mes de marzo.

O pasado mes de novembro, Antía Veiga foi titular con este combinado nacional nos tres partidos da Rolda 1 do Campionato de Europa da categoría en Portugal; con Bulgaria, Hungría e Portugal como rivais.

En outubro, a canteirá formou parte da selección española no Mundial de Marrocos, no que España caeu nos oitavos de final derrotada por Francia na quenda de penaltis.

Antía Veiga leva até a data 10 partidos disputados de titular co Dépor ABANCA B en Segunda Federación.