RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Copa da Raíña e Liga en catro días de vertixe para o Dépor ABANCA

O Deportivo ABANCA, que tivo onte xornada de descanso, inicia esta tarde unha semana frenética de competición oficial.

O mércores 10 ás 18:30 horas, o equipo branquiazul recibe en Abegondo ao Granada CF na segunda eliminatoria de Copa da Raíña, que se xoga a partido único.

Sen apenas tempo de recuperación, o Deportivo ABANCA visitará ao Atlético de Madrid na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares o sábado 13 de novembro ás 17:30, en partido correspondente á 9ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

Miguel Llorente, técnico branquiazul, disporá de catro sesións de traballo na Cidade Deportiva para preparar ambas as citas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas é a seguinte:

Luns 8 de novembro
17:00 h.

Martes 9 de novembro
17:00 h.

Mércores 10 de novembro
18:30: Deportivo ABANCA - Granada CF, en Abegondo

Xoves 11 de novembro
11:30 h.

Venres 12 de novembro
11:30 h.

Sábado 13 de novembro
17:30: Atlético de Madrid B - Deportivo ABANCA, na Ciudad Deportiva Wanda Alcalá de Henares