RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Cristian Herrera: "É importante non perder o foco da humildade, ter os pés sempre na terra"

Cristian Herrera subliñou na sala de prensa do Dépor Training Center que "é importante non perder o foco da humildade; ter os pés sempre na terra; e traballar día a día con fame e ambición para poder estar como estamos en liga e Copa".

Advirte que o CD Castellón, rival este domingo 7 de decembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas), "vén nunha moi boa serie. Sabemos que é moi bo equipo e xogan ben ao fútbol pero máis que niso pensamos en nós, en estar centrados día a día, que o equipo estea alegre, positivo, con fame, con ambición, con humildade e con ganas de que chegue ese partido".

Persoalmente o atacante deportivista firma que "o meu traballo xogue ou non xogue é sempre o mesmo: axudar ao equipo, ao Club, ao adestrador, representar no día a día a todos os xogadores e axudalos tanto dentro como fóra do campo".

Insiste en que "sempre estou aí para o equipo, para o Club, para o que se necesite. Ese é o meu traballo, estar preparado para aproveitar os minutos".

Finalmente Cristian Herrera subliña que "a grandeza deste equipo é que todos están enfocados no mesmo obxectivo e antepondo o equipo ao ego de cada un".