RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Debut de Sidnei e Juanfran na vitoria do Deportivo en Laracha

- Foto: Susi García - O Deportivo impúxose (0-3) no amigable celebrado esta noite no Municipal de Laracha ante numeroso público.  Debutaron Sidnei e Juanfran coa camiseta branquiazul, así como os fabrilistas Sam e a meta Rafa

Lucas disputou os primeiros 45 minutos "con boas sensacións", tal e como el mesmo manifestou posteriormente en zona mixta, e sen incidencia algunha. O futbolista coruñés aínda non dispón da alta médica, que podería recibir nos próximos días.

Cardoso e Remeseiro, ambos na primeira metade e Wilk, xa na recta final, foron os autores dos goles ante un rival de Terceira División pero que mantivo a compostura durante o noventa minutos.

O único contratempo da noite foi a escordadura de nocello que impediu a Juan Carlos xogar cando ía ser titular.

Laracha: Damián, Fandiño, Pablo Vidal, Antonio, Beto, Élmer, Dani Casal, Martín, Miguel Taibo, Óscar Martínez e Mon. Tamén xogaron: Brais, Rebolo, Roberto, Paco, Kevin e Dani Bea.

Deportivo: Fabricio (Rafael Veloso, min. 77), Manuel Pablo, Luisinho (Sam, min. 46), Sidnei (Juanfran, min. 46), Alex Bergantiños, Remeseiro, Wilk, Juan Domínguez (Iago, min. 60), Miguel Cardoso, José Rodríguez e Lucas (Seoane, min 46).

Árbitro: López Fernández, da Coruña.

Goles: 0-1, min. 15: Remeseiro; 0-2, min. 18: Cardoso; 0-3, min. 85: Wilk.

Incidencias: partido de inauguración dos actos de celebración do 50 aniversario do Laracha C.F.