RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Dépor ABANCA e Orzán SD amplían o convenio de filialidad até 2030

O Depor ABANCA e o Orzán SD ampliaron a súa vinculación de filialidad até 2030, con opción a 3 temporadas máis.

A entidade orzanista converteuse en filial branquiazul na temporada 2020-21. Até esa campaña estaba subscrito un convenio de colaboración.

Con este acordo, o RC Deportivo reafirma a súa aposta polo fútbol feminino, xa que así a entidade deportivista ten as seguintes categorías de fútbol basee feminino, a maiores do Dépor ABANCA B:

-Equipo sub-21
-Equipo xuvenil
-Equipo cadete
-2 equipos infantís
-2 equipos alevíns
-1 equipo benxamín

Esta relación, máis aló dos grandes resultados deportivos, xerou unha gran cantidade de xogadoras que xa debutaron co Dépor ABANCA: Carlota Sánchez, Marta Rico, Aroa Guerra, Paula Novo, Elena Vázquez, Carmen Carballada e Lucía Rivas.

A maiores, son varias as futbolistas que se converteron en internacionais nas categorías inferiores da selección española, caso de Carlota Sánchez, Aroa Guerra, Paula Novo, Abril Pazos, Elena Vázquez, Lucía Rivas, Antia Veiga ou Claudia Sande; e tamén coa selección marroquí sub-17 como Dunia Dahmouni.