
DÉPOR ABANCA · 25 XUÑO 2025
INÊS PEREIRA SEGUIRÁ UNHA TEMPORADA MÁIS NO DÉPOR ABANCA
Inês Teixeira Pereira (Sintra, Lisboa, 26 de maio de 1999), coñecida como Inês Pereira, seguirá defendendo a portería do Dépor ABANCA cedida polo Everton FC inglés na temporada 2025-26.Na súa primeira campaña en ABANCA-RIAZOR xogou 28 partidos en Liga F de 30 posibles, cun total de 2.520 minutos.O seu debut en España foi de tal impacto que encabezou 3 clasificacións ligueiras: media de paradas por partido (9), total de paradas (252) e máis paradas dentro da área (84).Formada no Estoril Praia, fichou a continuación polo Sporting CP, club co que se proclama campioa de Liga, Copa e Supercopa lusa (2017-18).A 3 últimas campañas antes do Dépor ABANCA militounas no Servette, co que gañou unha liga (2023-24) e 2 edicións de Copa.Ademais de sub-17 e sub-19, Inês Pereira é internacional absoluta con Portugal. De feito, está convocada para participar nesta Eurocopa do mes de xullo.O seu amplo currículo complétano 14 participacións na Women´s Champions League.

Os Nosos reciben o cariño de ABANCA e Estrella Galicia nunha ...

O RC Deportivo conclúe a súa rolda de visitas institucionais ...

A Coruña abrazou a Os Nosos nunha madrugada inesquecible na f...

Medalla de prata para o Fabril FC Alevín no Torneo Internacio...

Doblete de Bil no Estadio José Zorrilla para darlle os 3 punt...

Vitoria do Orzán SD Xuvenil no único partido de ANOSACANTEIRA...