RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dépor-Castilla en Viveiro, cuarto amigable da Dépor Xira Integralmotion o 6 de agosto

O cuarto amistos da Dépor Xira Integralmotion 2022 xa ten data, lugar e rival. Será o sábado 6 de agosto a partir das 19:00 horas no campo municipal de Cantarrana en Viveiro.

O Real Madrid Castilla e o Dépor enfrontaranse por segunda pretemporada consecutiva nun campo xa clásico nos últimos veráns branquiazuis. Tamén, como en todas esas visitas a terras lucenses, coa retransmisión en directo por parte da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.

Polo momento, os partidos confirmados da pretemporada do Dépor 2022-2023 son:

Atlético Arteixo-RC Deportivo, sábado 23 de xullo, 19:30 h., Ponte dos Brozos (Arteixo)

Racing Villalbés-RC Deportivo, sábado 30 de xullo, 18:30 h., A Magdalena (Vilalba)

RC Deportivo-SD Ponferradina, mércores 3 de agosto, 18:30 h., A Magdalena (Vilalba)

RC Deportivo-Real Madrid Castilla, sábado 6 de agosto, 19:00 h., Cantarrana (Viveiro)

Todos os partidos en directo a través de: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.