Dépor de LaLiga Genuine e Sofán gozan da xornada de presentación do equipo bergantiñán
O equipo do Real Club Deportivo de LaLiga Genuine apadriñou ao novo equipo do colectivo DI formado pola SD Sofán nun partido disputado o sábado 1 de decembro, no primeiro partido da historia do equipo bergantiñán no campo de O Carral.
A SD Sofán, formou este novo equipo coa colaboración de Aspaber.
Antes do partido tivo lugar unha recepción de invitados, seguida do recibimento ao equipo do Dépor. Após a presentación da SD Sofán Aspaber e o partido, os actos concluíron cun ágape para deportistas e convidados.
No choque impúxose o Dépor por 0-4 con estes resultados parciais:
1a parte: 0 - 4 (Álvaro -2-, Álex Rey e Agustín) 2a parte: 0 - 4 (Chema -2-, Nikita e Álex Gómez) 3a parte: 1 - 2 (Senén e Álex Rei) 4a parte: 0 - 1 (Gabi Cives)