RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Dépor e Xetafe empatan nun intenso partido

Foto: Santiago Lópeixe O Deportivo e o Xetafe empataron en Riazor (1-1) nun partido marcado polas oportunidades nunha e outra portería. Riki adelantó ao equipo branquiazul a pouco de comezar e empató Barrada case á media ho

Oltra repetiu convocatoria e o mesmo once dos dous últimos partidos. Saíu mellor o Dépor, que se puxo por diante grazas a unha xogada ensaia que transformou Riki. A estratexia xoga un papel importante nos plans de traballo do técnico deportivista. A partir de aquí o Xetafe tomou o mando do partido grazas á verticalidad dos seus homes de ataque (Colunga, Lafita, Barrada....) ata que empatou este último. O marroquí burla o fóra de xogo, dribla a Aranzubia e sela a igualada.
 
De aquí ao descanso, de novo o Deportivo faise coa pelota e pode marcar grazas a un gran disparo de Bruno Gama ou a outro lanzamento de Riki.
 
Tras o descanso, Camuñas releva a Bruno Gama, que chegara ao partido moi xusto debido aos seus isquiotibiais da súa perna dereita. Oltra saca máis artillaría con Nelson Oliveira e André Santos. Como locais son as mellores oportunidades, como unha tripla ocasión nada máis saltar Camuñas ao campo e que evita o porteiro Moyá e a defensa madrileña.
 
De Riki foi a última clara oportunidade, nun man a man que resolve ben a meta getafense.
 
Ao final, repartición de puntos nun partido moi vistoso para o afeccionado.
 
 
Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Marchena, Aythami, Evaldo; Abel Aguilar, Juan Domínguez (André Santos; min.83); Bruno Gama (Camuñas; min.51), Valerón (Nélson Oliveira; min.60), Pizzi; e Riki.

Xetafe: Moyá; Valera, Lopo, Alexis, Miguel Torres; Xavi Torres, Míchel; Barrada (Juan Rodríguez; min.90), Pedro León, Lafita (Gavilán: min.65); e Colunga (Alcácer; min70).
Goles: 1-0; min.6, Riki. 1-1; min.26, Barrada.

Árbitro: Mateu Lahoz, do colexio valenciano. Mostrou amarela a Aythami e Abel Aguilar, por parte do Deportivo.