Marijan Rastic é un seguidor do Deportivo de Zagreb (Croacia). A súa afección polo Club herculino non coñece límites e, mesmo, no mes de marzo desprazouse ata Madrid para ver a final da Copa do Rei.
Nesta viaxe realizou unha serie de fotografías e produto da
súa gran afección ao Deportivo realizou unha páxina web coas mesmas,así como cos
recortes de prensa nos que aparecía o seu nome e que daban conta da súa viaxe.
Sen ningunha dúbida, unha mostra máis do agarimo que afeccionados de todo o mundo teñen polo Club.