RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo 2- Valladolid 0.<br>Capdevila e Makaay marcan na Copa

O Deportivo impúxose por dous goles a cero ao Valladolid no encontro de ida de cuartos de final de Copa do Rei. Un partido con dous tempos diferenciados no que Capdevila e Makaay anotaron nos primeiros minutos do segundo tempo e decantaron o encontro ao l


O partido tivo un primeiro tempo con dous equipos conformistas e o xogo máis ben frouxo que acabou con empate sen goles no marcador. Na continuación entraron José Manuel e Duscher polo Deportivo en substitución de Sergio e Héctor e o equipo envorcouse sobre a porta de Bizarri. Capdevila anotou no primeiro minuto rematando a porta un saque de esquina despois de que o equipo herculino gozase dunha clara ocasión que naceu nas botas de José Manuel. Despois, no 16, Makaay anotou un gran gol desde a área rematando un pase medido de Duscher. Tras este gol o holandés volve anotar pero o gol é anulado por presunto fóra de xogo. Despois Tristán foi o único que puxo en apertos a Bizarri, pero foi o Valladolid o que puxo máis corazón.


Nos últimos minutos do encontro o Deportivo baixou a presión mentres que o Valladolid, sobre todo Chema, merodeó con intención a meta de Molina, pero sen acerto.
Polo Valladolid saíron de inicio Bizarri, Pena, Marcos, Gaspar, Santamaría, Tote, Cuahtemoc, Chema, Lozano, Caminero e Fernando.
Polo Deportivo Molina, Héctor (José Manuel 46'), Djorovic, Donato, Capdevila, Mauro, Sergio (Duscher 46'), Djalminha, Makaay (Pandiani 79'), Fran e Tristán. Nos bancos: Ricardo, Eusebio, Tena, Jesús e Fernando Saes, polo Valladolid.
César, Nuno, Pandiani, Duscher e José Manuel polo Deportivo.
Arbitrou Mejuto González que mostrou amarela a Harold Lozano e a Djorovic.