Deportivo 3 - Espanyol 1<br>Con paso firme na liga
Ao Deportivo chegoulle con materializar as súas ocasións na primeira parte con dous goles de Makaay e outro de Tristán para levar o tres puntos. Na segunda parte marcaría Rotchen para o Espanyol e Mauro Silva sería expulsado por dobre amarela.
Na primeira xogada de ataque deportivistas chegaba o primeiro córner. Fran saca ao segundo pau onde cun gran salto Makaay gaña a posición e de preciso remate adianta ao Deportivo no marcador.
Sen tempo a gozar do primeiro gol chegaría o segundo no minuto seis. Sergio abre en diagolnal á dereita para Makaay que á súa vez mete a Tristán no punto de penalti que toca o balón sen dificultade ao fondo da portaría de Argensó.
Tras os goles o Deportivo relaxou un pouco o ritmo do partido pero o Espanyol non soubo levar perigo á meta de Molina e por contra o Deportivo dispuxo de dúas claras ocasións. Primeiro Fran en xogada individual tentou picar sen ángulo desde a liña de fondo sobre Argensó pero despexou a defensa. No 30 Tristán queda só ante a meta rival e desde o pico da área tentou levantar sobre o porteiro que conseguiu atrapar o esférico.
No 35 impresionante xogada do Deportivo: Makaay e Tristán cruzan as súas posicións en punta e Valerón mete un gran pase á área para o holandés que consegue gañar as costas do seu marcador, regatea cara a fóra a Argensó e disparo a porta marcando o terceiro.
Na segunda parte o Deportivo continuou sintiendose moi cómodo no campo e dominando o encontro aínda que o Espanyol tentouno con máis forza. A ocasión mais clara nos primeiros minutos chegaba dun remate de cabeza alto a centro de Amavisca, que entrara por Fran. Posteriormente retirábase Valerón e entraba Djalminha no seu lugar. No 20 Soldevilla derrubaba ao brasileiro sendo o último defensor e vía o cartón vermello.
Tras a expulsión de Soldevilla o Espanyol sacaba unha falta no pico da área, no minuto 69, por medio de De Lucas que atopaba rematador en Rotchen que de cabeza marca o primeiro do Espanyol.
A superioridade numérica do Deportivo durou pouco porque Mauro Silva vería o segundo cartón amarelo tras cortar, en falta, unha contra do Espanyol. Tras a expulsión entraría Emerson no campo substituíndo a Tristán.
Polo Deportivo saíron de inicio: Molina, Romeu, Naybet, Mauro Silva, Makaay, Tristán, Fran, Scaloni, Capdevila, Sergio e Valerón. Mentres que polo Espanyol saíron: Argenso, Lopo, Soldevilla, Morais, Posse, De Lucas, Palencia, Navas, David García, Tamudo e Paulo Sousa.