
DÉPOR · 26 XUÑO 2025
JAIRO NORIEGA REGRESA AO RC DEPORTIVO
Jairo Noriega Figueroa (A Coruña, 14 de agosto de 2003) regresa ao RC Deportivo após unha exitosa temporada no Ourense CF de Primera Federación. Firma até 2028, con opción a unha temporada máis.Formado en ANOSACANTEIRA desde benxamíns na mesma xeración que Dani Barcia, este centrocampista ofensivo xogou 29 partidos esta pasada temporada (2024-25) no Ourense CF, marcou 2 goles e deu 3 asistencias; ademais de disputar 4 partidos en Copa del Rey, con 2 goles e 1 asistencia.En Segunda Federación co Fabril (temporada 2023-24) disputou 26 partidos, con 2 goles e 2 asistencias.Debutou co primeiro equipo o 1 de novembro de 2023, con motivo do partido de Copa del Rey entre o Deportivo e o CD Covadonga disputado en Langreo.No curriculum de Jairo Noriega tamén figuran dous partidos co Xuvenil A na Youth League (temporada 2021-22), ante o Maccabi Haifa e o Dinamo de Kiev, ambos en ABANCA-RIAZOR.Con este futbolista coruñés, o Club redobra a súa aposta polo talento formado na Cidade Deportiva de Abegondo co obxectivo de ir sentando as bases do RC Deportivo do futuro.

El Fabril recibirá ao Barakaldo CF o sábado 14 de novembro ás...

Parte médico de Bright Ede

A canteirá deportivista Antía Veiga comezou con vitoria ante ...

Os Nosos volven este martes 20 de outubro ao Dépor Training C...

Alberto Rodríguez lembra que «lle fixemos 3 goles a un equipo...

Resultados da fin de semana ANOSACANTEIRA feminina, con derro...