RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz despídese cun comunicado que "máis que unha despedida é un agradecemento a toda esta xente"

Óscar Gilsanz despediuse esta mañá do RC Deportivo cun comunicado na sala de prensa de Abegondo que, segundo afirmou,  "máis que unha despedida é un agradecemento a toda esta xente".

Acompañou ao técnico de Betanzos Michelle Clemente, Vicepresidenta do Club; Massimo Adalberto Benassi, Conselleiro Delegado; e todos os empregados do RC Deportivo que abarrotaron a sala.

Antes de ler a súa despedida, e despois dun vídeo proxectado con algúns dos seus momentos á fronte do Deportivo esta temporada, quixo "agradecer ao Club a posibilidade que me deu de seguir na estrutura nun posto que non era o que cría que eu podía achegar, podía axudar. Comprendérono perfectamente e iso non quita que no futuro calquera situación que se poida dar podamos chegar a un encontro. Pero neste caso nin eu cría que podía achegar nin era o que eu entendía que ía facer".

Nas súas palabras, lembra a súa chegada ao Dépor coa pandemia e o descenso do equipo a Segunda División B, "nunha situación moi complicada"; e confesa que se marcha con "orgullo e agradecemento".

Lembrou a directivos, xogadores, técnicos, empregados, medios de comunicación e por suposto á súa familia, "polo sufrimento que non elixiron".

Concluíu Óscar Gilsanz, visiblemente emocionado, cunha frase que resume o seu paso polo RC Deportivo: "Non esteas triste porque terminou, sorrí porque sucedeu".

E pechou a súa intervención parafraseando a Xoel López na súa canción 'Lodo', da que asegura ser fan:

"Se estás atrapado nas sombras, agarda....
do lodo crecen as flores, máis altas...."