RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo e O Porto vólvense a ver as caras en Moraña

Aínda que en categoría cadete, o Deportivo e o O Porto volverán verse as caras este fin de semana, con motivo do Trofeo Internacional de fútbol cadete que se disputa na localidade pontevedresa de Moraña.

Os dous equipos enfrontaranse no partido do seu grupo este sábado ás 19:30 horas. Antes, ás 11:15, o Deportivo medirase ao outro equipo do grupo, unha Selección Comarcal da zona. O primeiro do grupo disputará o domingo a final contra o primeiro do outro grupo, no que están o Celta, o Pontevedra e o Sporting de Xixón. Os segundos clasificados de cada grupo xogarán a final de consolación, tamén o domingo.