RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo en Xogo Liga: Depor- Real Sociedade

Unha vez finalizada a 22ª xornada de liga, na que o Deportivo se impuxo á Real Sociedade por 4 goles a 1, xa temos gañador dun balón asinado polo persoal deportivista.

O afortunado é EDUARDO YAÑEZ PEREZ, que conseguiu 244 puntos na clasificación da xornada, seguido moi de preto por ESTER NOVO CAMPO con 243. En terceiro lugar quedou DIEGO MARTINEZ MONTERO con 237 puntos.

Envía xa o teu prognóstico para o Deportivo en Xogo Europa, no que o Deportivo se enfronta ao Galatasaray e tamén para o Deportivo en Xogo Liga co Barça- Depor como partido da xornada.

A clasificación xeral segue encabezada por JOSEFA GÓMEZ ESPANTOSO, con 655 puntos, seguida por XOÁN LÓPEZ DO CASTELO con 620. ANTONIO LÓPEZ BELO, con 617 é o terceiro clasificado.