RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo en Xogo Liga: Depor- Vilarreal

Unha vez finalizada a 28ª xornada de Liga, na que o Deportivo se impuxo por 4 goles a 2 ao Vilarreal, xa temos gañador do Deportivo en Xogo.

O afortunado é Frank García, de Australia, que obtivo 252 puntos na clasificación da xornada. Segundo foi Anxo Ferro, con 251 e terceira Salomé López, con 240 puntos.

A clasificación xeral segue encabezada por Josefa Gómez Espantoso, con 1917 puntos, seguida de preto por Salomé López, con 1876 puntos.

Lembra que xa podes enviar o teu prognóstico para o Deportivo en Xogo Liga da próxima xornada, na que o Deportivo visita Zaragoza e que tes ata mañá martes para enviar o prognóstico do Deportivo en Xogo Europa para o Leeds -Deportivo.