Eran as 23:08 horas cando Augusto César Lendoiro estampaba a súa firma na escritura pública número 1346 de data 30 de xuño de 1992 e que significaba a conversión do Real Club Deportivo da Coruña en sociedade anónima deportiva, en presenza do notario Migue
A continuación cada un dos directivos da entidade branquiazul foron asinando o documento, tal como establece a lei, con certa prema de tempo, porque faltaba moi pouco para que se extinguise o prazo e había que facer o depósito pertinente no Goberno civil da cidade. Foron 401.180.000 pesetas as recadadas polo Deportivo polo que a directiva viuse obrigada a realizar unha ampliación de capital...