RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Derbi Alevín co Celta en Portas entre os encontros de mañá sábado para a canteira

O Alevín A mídese mañana sábado en Portas ao Celta na semifinal do Campionato Galego de fútbol oito, ao que accede como campeón da fase norte. A final de consolación e a gran final xogarseán pola tarde.

Tamén mañá sábado, o Infantil A finaliza como subcampión a Fase polo Título Galego. A Vitoria, en Abegondo ás 11.00, será o último rival.

En Terceira División, o Fabril recibirá ao Durango este domingo 31 de maio ás 17.00 horas en Abegondo, no partido de volta da primeira eliminatoria do play off de ascenso a Segunda División B.

Como é habitual, os socios do Club teñen acceso gratuíto á cidade deportiva branquiazul. Para o público, a entrada custa 10 euros.

Na ida celebrada o pasado domingo no campo de Tabira, houbo triunfo vasco (2-1). Por conseguinte, o filial deportivista buscará na cidade deportiva branquiazul o pase á seguinte rolda.

Ademais, haberá torneos amigables en Poboa (Alevín A), en Rianxo (Alevín B e Benjamín A) e en Negreira (Benjamín B), este último mañá sábado e os anteriores o domingo.

O calendario de partidos previstos é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - DURANGO, o domingo 31 de maio ás 17.00 en Abegondo
Na ida: 2-1

Categoría infantil
INFANTIL A - VITORIA, o sábado 30 de maio ás 11.00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Fase Galega polo Título: 1. Celta, 33 puntos; 2. Infantil A (un partido menos), 22 puntos; 3. Racing de Ferrol (un partido menos), 19 puntos...


Categoría alevín
Fase Final de Campionato Galego de fútbol oito, en Portas
Sábado 30 de maio

Semifinal
10.00: ALEVÍN A - CELTA

A final de consolación e a gran final xogaranse pola tarde.

Torneo de Poboa, no campo da Alta

Domingo 31 de maio
Primeira Fase:
10.40: ALEVÍN A - SANTA MARIÑA
12.20: VAL DO ULLA - ALEVÍN A
14.20: ABANQUEIRO - ALEVÍN A
17.10: LÉREZ - ALEVÍN A
19.10: ALEVÍN A - PORTEIRO '2000'

Os dous primeiros clasificados accederán aos cuartos de final, que se disputan xa a continuación.

Xogado onte xoves: ALEVÍN B 7 (Dani (4) e Enrique (3)) - LARACHA 1
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B (xa campión), 42 puntos (un partido máis); 2. Laracha, 26 puntos; 3. Calasanz C, 25 puntos...

Torneo de Rianxo, "Memorial Abel"

Domingo 31 de maio
Primeira Fase
11.05: ALEVÍN B -  SEGUNDO MELLOR DA REPESCA DA FASE PREVIA
12.45: ALEVÍN B - UNIÓN ASADOS

Os dous primeiros clasificados accederán a cuartos de final, que se celebran pola tarde.

Categoría benjamín
Rolda previa do Trofeo Mini Teresa Herrera, xogado o pasado martes: BENJAMÍN A 18 (Domínguez (3), Marco Baña, Marco Castro (2), Manu (2), Joan (4), Iago, Noah e Meki (4)) - MARABILLAS 0

Torneo de Rianxo, "Memorial Abel"

Domingo 31 de maio
Primeira Fase
10.40: BENJAMÍN A - PRIMEIRO CLASIFICADO GRUPO D DA FASE PREVIA
12.20: BENJAMÍN A - PRIMEIRO CLASIFICADO GRUPO A DE A FASE PREVIA

Os dous primeiros deste grupo pasan a cuartos de final