O derbi que disputarán na División de Honra de cadetes o Celta e o
Deportivo (sábado ás 16:00 horas na Madroa) será un dos choques máis
atractivos das categorías inferiores este fin de semana. En Terceira División, o Fabril visitará ao Xove Lago o
Tamén o domingo, ás 12:00 horas, o Deportivo xuvenil da División
de Honra renderá visita á Leonesa no campo da área Deportiva Ponte
Castro. O Dépor B da liga Nacional recibirá na Cidade Deportiva de Abegondo
"O Mundo do Fútbol" ao conxunto da Seca, o domingo ás 12:00
horas no campo de herba sintética. Á marxe do Celta-Dépor, o segundo equipo cadete do Deportivo que xoga
os seus partidos na liga Galega xogará en "O Mundo do Fútbol" (campo de herba
sintética) o sábado ás 16:00 horas. Por fin, na liga Galega infantil, o Imperator será o rival do
Deportivo en partido que se celebrará en Meicende, o sábado ás 18:00 horas.