RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Derrota ante o PSG dos alevíns de Fútbol 7

O equipo de Fútbol 7 deportivista perdeu por 1 a 0 ante o Paris Saint Germain o partido celebrado esta mañá en Tenerife, polo que os alevíns branquiazuis han perdido as súas opcións.

Os resultados finais de onte foron de Deportivo 1- Ajax 3; Athletic 1- Deportivo 2 e Inter de Milán 1- Deportivo 0. Os deportivistas traballaron duro aínda que para o seu técnico, Ernesto Belo, "en partidos tan curtos (de 12 minutos) apenas hai tempo a reaccionar e os rapaces están a acusar a súa inexperiencia en torneos internacionais fronte a equipos que, a pesar da súa mocidade, xa teñen un gran palmarés e experiencia por toda Europa." Aínda así o adestrador branquiazul destacou o gran traballo e a boa imaxe que están a ofrecer os alevíns, "estamos moi igualados, ninguén se está comendo a ninguén".

A expedición deportivista está integrado por Jorge Hernández, Alberto López, Adrián Garrido e Borja Vázquez do Imperator; Sergio García, Enrique Hernanz e Diego Peralta da Vitoria; Javier Redondo e Pedro Mosquera do Galicia Gaiteira; Efrén Rodríguez e Víctor Sambade do Eume Deportivo e Daniel Rodríguez do Betanzos.

O conselleiro do Club, Luís Sánchez Doporto, encabeza o grupo deportivista que está integrada, ademais, por Benito Branco, delegado, Ernesto Belo, adestrador e Antonio Rodríguez, como preparador físico. Tras os dous días de competición, que finalizou hoxe, os mozos gozarán dun día de visita turística pola illa para regresar o sábado á cidade herculina.

Na competición participaron 10 equipos que se dividiron en 2 grupos. Os equipos participantes son os seguintes: Inter de Milán, Juventus de Turín, Ajax de Amsterdam, Manchester United, Paris Sant-Germain, Real Madrid, Barcelona, Athletic de Bilbao, Deportivo e unha selección canaria.