RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Derrota do Dépor ABANCA B en Oviedo con polémica arbitral

O Dépor ABANCA B caeu (4-1) ante un rival directo, o Oviedo Moderno CF B, en partido correspondente á 22ª xornada en Primeira Nacional.

María Calvo anotou o único tanto deportivista nun encontro marcado pola actuación arbitral.

As deportivistas reclámanlle ao colexiado que o terceiro gol ovetense vén dunha falta inexistente e que no cuarto tanto asturiano o balón xa estaba no aire cando o árbitro mandou lanzar a falta que deu orixe ao remate fatídico do Oviedo Moderno CF B.

Kevin Cabado non puido contar con Tati, Paula Monteagudo e Noela, citadas co primeiro equipo para viaxar a Barcelona; nin con Aroa Guerra, Nuria Gómez, Paula Novo, Reigosa e Marta Mendez, lesionadas.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B queda na quinta posición con 34 puntos.

Deportivo ABANCA B: Uxía Rabuñal, Elena López 'Cusi', Ansede, María Calvo, Mar, Marta Rico, Carmen Carballada, Abril Pazos, Laura Otero, Laura Testa e Trillo. Tamén xogaron: Aroa González e Lucía Mariño.

En quince días, o Deportivo ABANCA B recibe en Abegondo ao Gijón FF.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viaxes InterRías FF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B - CF Versalles, o sábado 19 de marzo ás 16:15 en Abegondo
CD Olímpico de León - Deportivo ABANCA B, o mércores 13 de abril ás 17:00
SD Villestro 0 - Deportivo ABANCA B 5 (Paula Monteagudo -2-, Laura Otero, Trillo e Marta Méndez)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 0
Sárdoma CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Marta Rico) - PM Friol 2
Oviedo Moderno CF B 4 - Deportivo ABANCA B 1 (María Calvo)