RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Derrota dun Deportivo de menos a máis en Paços Ferreira

Un Deportivo que foi de menos a más encajó a súa segunda derrota da pretemporada ante o Paçvos Ferreira (2-0), un rival que evidenció unha mellor rodaxe e axuste. No entanto, o conxunto branquiazul envió dous disparos

O once de Jose Luís Oltra en Paços Ferreira quedará para a historia como o debut de Roderick e Nelson como xogadores do Deportivo. Polo demais, o técnico branquiazul seguiu fiel á súa filosofía de repartir minutos, máxime con outro amigable, este en Ourense, en 48 horas.

O Deportivo apertou arriba desde o inicio. Pero a primeira ocasión do partido foi para Luiz Carlos, que xutou desde fóra da área lixeiramente alto. Corría o minuto 9 de partido.

O Paços creou perigo principalmente en faltas laterais ata que á media hora de xogo, Cicero recibe en profundidade, plántase só ante Aranzubia e logra o primeiro gol do partido.

A partir de aquí, o Paços fíxose co control do xogo e apenas deixou manobrar ao Deportivo. Foron os peores momentos. Antunes puido marcar ao segundo, pero o seu disparo foise ao traveseiro.

Aínda por riba, Laure lesiónase no seu ombreiro dereito e debe de deixar o seu posto a Manuel Pablo. Era o minuto 42, xusto cando Aranzubia evita cunha gran parada o segundo tanto local, tras un bo cabezazo de Arturo Alvarez no segundo pau.

O segundo tempo empeza cun novo tanto en contra. Vitor, de falta ao bordo da área, salva a barreira cun disparo axustado ao pau esquerdo de Aranzubia.

Unha das mellores oportunidades do Deportivo tívoa Nelson, quen enviou á cruceta un bo pase ás costas dos centrais.

No outro área, Juan Carlos evita na raia de gol o terceiro, tras un saque de esquina.

O partido era de ida e volta, con Oltra movendo xa o banco. Pizzi, nada mais saltar ao campo, dispara desde moi lonxe ao traveseiro. Riki recolle o rexeite e marca, aínda que o árbitro anúlao por entender que estaba en fóra de xogo.

O carrusel de cambios deixou o partido mais controlado para o Deportivo, que ata o final foi superior ao cadro luso.

As últimas ocasións foron para Pizzi, cuxa xogada persoal a desbaratou cunha boa parada a meta Antonio Filipe; e unha boa acción de estratexia deportivista que non se culminou en gol debido a un inoportuno resbalón de Riki.

Deportivo: Aranzubia, Laure (m. 41, Manuel Pablo) , Roderick (m. 69, Insua), Aythami, Evaldo, Abel Aguilar (m. 69, Alex), Andre (m. 80, Valerón), Saul (m. 80, Bruno Gama), Victor (m. 69, Pizzi), Juan Carlos e Nelson (m. 69, Riki).

Paços Ferreira: Cassio (m. 58, Antonio Filipe), Javier Cohene (m. 58, Tiago Valente), Vitor (m. 66, Caetano), André Leao (m. 80, Uillian), Cicero (m. 58, Jaime Poulson), Luiz Carlos (m. 58, Filipe Anunciaçao), Furtado (m. 69, Josue), Ricardo (m. 90, Abdullah), Arturo Alvarez (m. 58, Manuel Jose), Antunes (m. 80, Nuno Santos) e Tony (m. 90, Silva).

Árbitro: Jorge Gomes (Portugal). Amoestou a Ricardo, do Paços Ferreira.

Gol: 1-0, m. 29: Cicero; 2-0, m. 48: Vitor, de falta directa desde fóra da área.

Incidencias: O partido serviu de presentación oficial do equipo portugués ante os seus afeccionados.