A participación do San Tirso SD Infantil na Miranda Cup de Portugal desde hoxe xoves serve de inicio para unha semana en #ANOSACANTEIRA que supón o arranque ligueiro para seis equipos.
O choque ante o poderoso FC Porto acabou en lóxico derrota do San Tirso SD. Mañá venres están previstos dous partidos máis da Primeira Fase deste torneo amigable.
Ademais, o Fabril inicia a Terceira RFEF en Paisoaco o domingo ás 17:00; e o filial feminino, o Dépor ABANCA B, no campo coruñés da Grela ante o Victoria CF ás 16:00 horas.
Esta fin de semana tamén empezan a competir, todos eles o sábado en casa, o Xuvenil B ante o CVC Valladares, o Cadete ante o CD Lugo e o San Tirso SD Cadete fronte ao Rápido de Bouzas.
Para o domingo (17:00) queda o Orzán SD Xuvenil Feminino no campo Santa Isabel de Santiago ante o Victoria FC B na 1ª xornada da Primeira División Autonómica.
Así mesmo, continúa a pretemporada o Infantil, que terá como rivais ao EF Portero 2000, RC Celta e SC Braga no Torneo Apertura o sábado 10 en Monteporreiro (Pontevedra).
E finalmente os dous equipos alevíns e os dous benxamíns, que iniciaron os adestramentos esta semana, compiten no torneo Cidade de Narón organizado pola SDCyR Narón O Freixo.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira RFEF
1ª xornada: UD PAIOSACO - FABRIL, o domingo 11 de setembro ás 17:00 na Porta Santa (Paiosaco)
Categoría feminina
Primeira Nacional, 1ª xornada: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 11 de setembro ás 16:00 na Grela
Primeira División Galega, 1ª xornada: VICTORIA FC B - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 11 de setembro ás 17:00 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)
Categoría xuvenil
División de Honra, 2ª xornada: XUVENIL A - ATLÉTICO PERINES, o domingo 11 de setembro ás 12:00 en Abegondo
Liga Nacional, 1ª xornada: XUVENIL B - CVC VALLADARES, o sábado 10 de setembro ás 17:00 en Abegondo
Categoría cadete
División de Honra, 1ª xornada: CADETE - CD LUGO, o venres 9 de setembro ás 18:30 en Abegondo
División de Honra, 1ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - RÁPIDO DE BOUZAS, o sábado 10 de setembro ás 12:00 en O Monte (San Tirso)
Categoría infantil
XI Torneo Apertura Infantil en Monteporreiro (Pontevedra)
Sábado 10 de setembro
10:45: INFANTIL - EF PORTERO 2000
13:00: RC CELTA - INFANTIL
13:45: INFANTIL - SC BRAGA
O formato de competición é de liga todos contra todos a un tempo soa volta.
Miranda Cup en Miranda do Curvo (Portugal)
Primeira Fase
Xoves 8 de setembro
SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - PORTO FC 5
Venres 9 de setembro
10:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - AF ALCOITAO no Estadio Pinto de Aguiar (Lousa)
16:30: SAN TIRSO SD INFANTIL - VITORIA SC, no Estadio Sa Carneiro
En función de clasificación, os equipos pasarán despois a unha segunda fase.
Categoría alevín
VII Torneo Cidade de Narón no campo de Río Seco
Sábado 10 de setembro
Primeira Fase
08:45: ALEVÍN A - SD BURELA (campo 1)
10:00: ALEVÍN A - CD FULBITO (campo 1)
11:40: ALEVÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 3)
13:45: ALEVÍN A - PONTEVEDRA CF (campo 3)
15:00: ALEVÍN A - ED SECUNDINO BASALO (campo 3)
Segundo clasificación, os equipos xogarán despois a Fase Final que definirá os postos do torneo.
Primeira Fase
08:45: FABRIL FC ALEVÍN - CD QUIRINAL (campo 4)
10:25: FABRIL FC ALEVÍN - CD CONXO SANTIAGO (campo 2)
12:05: CD LUGO - FABRIL FC ALEVÍN (campo 3)
14:10: RC CELTA - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
15:25: FABRIL FC ALEVÍN - UC CEE (campo 3)
Segundo clasificación, os equipos xogarán despois a Fase Final que definirá os postos do torneo.
Categoría benxamín
VII Torneo Cidade de Narón no campo de Río Seco
Sábado 10 de setembro
Primeira Fase
10:50: BENXAMÍN A - CD CONXO SANTIAGO (campo 3)
12:55: BENXAMÍN A - ESTRADA FB (campo 3)
16:15: BENXAMÍN A - CD QUIRINAL (campo 3)
Segundo clasificación, os equipos xogarán despois a Fase Final que definirá os postos do torneo.
Primeira Fase
10:50: PONTEVEDRA CF - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
12:55: VICTORIA CF - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
16:15: CD LUGO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
Segundo clasificación, os equipos xogarán despois a Fase Final que definirá os postos do torneo.
