Desde o xoves 10, entradas de Marathón Superior para o Dépor-Real Madrid
Coa campaña de abonos avanzada, o xoves 10 de agosto ponse á venda un bloque de 750 entradas de Marathón Superior para o encontro da 1ª xornada de LaLiga Santander fronte ao Real Madrid, o domingo 20 de agosto ás 22:15 horas.
O prezo de cada localidade é de 90 euros. Tamén están dispoñibles billetes para este encontro para as localidades de Tribuna Superior (120 euros), Tribuna Inferior (110) e Preferencia Superior (100).
As entradas para este encontro poden comprarse o xoves 10 e o venres 11 nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes (horario de de 10:00 a 13.30 e de 16:30 a 19:00 horas) e xa a partir do sábado 12 unicamente no interior da OAD (que abrirá ese día de 10:30 a 13:30 horas)