RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Despachos de billetes abertos a fin de semana e todas as portas operativas para o Dépor-Málaga

Para un dos grandes partidos da Temporada, ABANCA-RIAZOR recuperará boa parte da súa funcionalidade habitual, xa que para o partido do domingo ás 18:00 h. estarán operativas xa todas as portas de acceso do recinto, así como todas as portas de garda e de acceso para os titulares do Abono Nen@ Dépor. Tamén se recupera a circulación de afeccionados pola rúa que separa a bancada de Marathón de Cásaa da auga, como se pode ver no seguinte plano:

Ademais, para entregar as entradas de recolocación aos 755 SOCIOS DE PAVILLÓN SUPERIOR PAR E IMPAR E MARATHÓN SUPERIOR PAR E IMPAR afectados polas obras para a partidos fronte ao Málaga (domingo 7 de outubro, 18:00 h.) e o Elche (venres 12 de outubro 21:00 h.), o despacho de billetes do Palacio dos Deportes permanecerá aberta o sábado de 10:30 a 13:30 e o domingo desde as 11:00 e até o comezo do partido. Estes son os socios que deben retirar entrada de recolocación:

Tamén, por primeira vez esta temporada haberá entradas á venda para afeccionados no despacho de billetes do Palacio dos Deportes no mesmo horario: