RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Despachos de billetes do Palacio, palcos VIP e Deportienda, puntos de recollida de accións delegadas

O Real Club Deportivo habilitará mañana tres puntos para a entrega de accións delegadas de face ás Xuntas Xerais Ordinarias e Extraordianarias do próximo martes no Ágora. O despacho de billetes do Palacio dos Deportes, a Oficin

O Despacho de billetes do Palacio dos deportes de Riazor permanecerá aberta desde as 11:00 horas e ata o comezo do partido de maneira ininterrompida. Unicamente nese punto, ademais da entrega de formularios de accións delegadas, poderanse retirar tamén os cartóns de acceso e votación para a Xunta. Ese cartón só poderaa retirar persoalmente o accionista (ou a persoa na que el delegase) que vaia a acudir á Ágora, mostrando o seu DNI.

Ademais, desde as 19:00 horas e ata que comece o partido nun punto sinalado da tenda, así como o resto do día (de 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 22:00) poderanse entregar eses documentos de delegación de accións na Deportienda de Riazor.

Na Oficina de Atención ao Socio e Accionista dos palcos VIP recolleranse documentos de delegación entre as 21:00 e as 22:00 horas.