RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Despedida do Dr. Cobián

Vídeo da despedida do Dr. Cobián Despois de dezaseis anos no Servizo Medico do R. C. Deportivo da Coruña decidín dar un cambio á miña actividade profesional e deixar de realizar o meu traballo no Club ao finalizar esta tempada. É unha dura decisión, m

Foron moi bos momentos os que gocei. Tiven o privilexio de poder participar na consecución dunha Liga, dúas Copas do Rei, tres Supercopas de España e de estar presente en cen partidos de Competicións Europeas e en máis de seiscentos partidos da liga Española.

Pero hoxe é un día no que quixese agradecer a todos o trato, o agarimo e o respecto que tiveron comigo durante estes anos.

Grazas en primeiro lugar ao Presidente e a todo o Consello de Administración. Eles apostaron por min e permitíronme que durante estes anos formáseme tanto como persoa como profesional.

Grazas a todos os futbolistas e a todos os técnicos co que colaborei estes anos pola confianza que depositaron no meu traballo.

Grazas a todo o persoal dos Servizos Médicos que compartiu comigo o traballo de todos estes anos. Grazas aos fisioterapeutas e aos recuperadores, aos que continúan no Club e aos que por desgraza xa non están. En especial grazas ao Dr. Jose Ramón Barral, magnifico profesional e mellor compañeiro, co que foi un pracer traballar de xeito conxunto.

Grazas a todo o persoal do Club. Traballadores incansables que se deixaron centos de horas de sacrificio para impulsar á entidade.

Grazas aos medios de comunicación, a todos sen excepción, polo respecto e o agarimo co que sempre me trataron. Entre eles deixo moitos e bos amigos.

Grazas a todos os Deportivistas, en especial aos rapaces dos Riazor Blues. Nunca esquecer os seus berros de ánimo ao equipo que se escoitaban desde o banco. Axudaron a gañar moitos partidos. A eles pídolles que sigan sempre así.

En fin, grazas a todos. Nunca podre esquecer estes magníficos anos que pasei neste Club. Estea onde estea sempre levarei, como levei desde pequeno, ao Deportivo no meu corazón. Ata sempre amigos.

FORZA DEPOR

Dr. César Cobián
Xefe Servizo Medico R.C. Deportivo da Coruña