RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Día de festa para ANOSACANTEIRA feminina co Memorial Faraldo

ANOSACANTEIRA viviu o seu día de festa coa disputa do Memorial Faraldo nos campos de La Torre.

Os vencedores nas diferentes categorías foron o Deportivo ABANCA B (na foto principal da noticia) (categoría sénior), Orzán SD Xuvenil (categoría xuvenil), Orzán SD Cadete (categoría cadete) e Orzán SD Infantil A (categoría infantil).

Ademais dos gañadores, participaron nesta xornada o Orzán SD Sub-21, CF Batallador e CF Noia.

O Dépor ABANCA B, ante o inicio de liga o domingo 7 en Abegondo

Con este entrañable e clásico torneo, o Deportivo ABANCA B concluíu a súa pretemporada.

As Nosas debutarán en Segunda Federación o vindeiro domingo 7 de setembro ás 17:00 no campo principal de Abegondo ante o Madrid CFF B.

Ao balance de pretemporada do filial hai que sumarlle un triunfo ante o Real Avilés Industrial por 0-1 en Tapia de Casariego, as semifinais do Torneo Unindo Camiños nas que caeu derrotado por 0-1 polo SC Braga, un empate (2-2) en Abegondo ante o Atlético Villalonga FF de Segunda Federación, e unha derrota ante o Real Oviedo de Primera Federación por 4-0.