RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Dispoñibles para novas altas 74 asentos nas bancadas que estaban esgotadas ata hai uns días

Os afeccionados que o desexen teñen dispoñibles EXCLUSIVAMENTE PARA NOVAS ALTAS DE SOCIOS un total de 74 asentos nas bancadas que estaban esgotadas do Estadio de Riazor e que agora figuran como libres ao comunicar a súa baixa algúns antigos socios. A dist

Preferencia Inferior: 52 asentos

Preferencia Inferior Lateral: 9 asentos

Pavillón Inferior: 13 asentos

Maratón Inferior: 0 asentos

Lista de espera oficial
A Deportivo conta na Oficina de Atención ao Socio (entrada aos palcos VIP da bancada de Preferencia do Estadio de Riazor) cunha lista de espera oficial para aquelas localidades que, nese momento, estean esgotadas para ALTAS DE SOCIOS, facendo o depósito do importe do asento da bancada que desexe.
Nestes días, pódense inscribir nesta relación os deportivistas que desexen darse de alta en Maratón Inferior, Preferencia Inferior Lateral e Pavillón Inferior, dependendo en cada momento da existencia ou non de asentos libres.
Existe número suficiente de entradas de Preferencia Inferior para altas de socios, polo que os interesados poden retiralas cando desexen na Oficina de Atención ao Socio.


Tan só faltan por renovar nestas bancadas o número de socios que se indica:

Preferencia Inferior: 230 socios

Preferencia Inferior Lateral: 55 socios

Pavillón Inferior: 104 socios

Maratón Inferior: 33 socios

O Consello de Administración decidiu ampliar ata o vindeiro luns 12 de setembro o prazo para que os ao redor de 400 socios de Maratón Inferior, Pavillón Inferior, Preferencia Inferior e Preferencia Inferior Lateral que aínda non renovaron o seu carné da tempada pasada fágano. O motivo que tivo en conta o club son as peticións expresas de numerosas persoas que perciben o seu salario cara ao día 10 de cada mes.